domingo, 3 de diciembre de 2017

Comezamos co Proxecto." Os ovos de Dinosaurio"

Fai unhas semanas comezamos co novo proxecto, os peques están ilusionadísimos, pouco a pouco foron traendo cousas moi interesantes para compartir cos compañeiros e a nosa cova de dinosaurios está sempre moi chea, encántalle xogar nela.
Hai unha semana Nico trouxo un ovos moi peculiares que atopou no xardín da súa casa, contounos cousiñas sobre eles e a partir de ahí xurdiron dúas experiencias : un experimento para facer ovos de dinosaurios e unha receita de cociña. Para eles foi todo un reto pero a emoción nas súas caras foi o mellor.


sábado, 2 de diciembre de 2017

Recantos divertidos

Durante este mes estivemos aproveitando a estación do outono para traballar dunha maneira divertida. Aquí vos diexamos algunhas das nosas aventuras




Deixovos o enlace aquí por se non o podedes ver directamente

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Contacontos dos padriños lectores

Esta semana algúns dos padriños lectores viñeron a contarnos un conto na hora de lectura. Cada día os pequerrechos están máis cómodos con eles e gozan das lecturas.
Grazas pola vosa visita


domingo, 12 de noviembre de 2017

O magosto

Así de ben pasámolo no magosto, comemos castañas e  xogamos moito, moito, moito.


Preparando as cestas para o Magosto

Se non o vedes co voso navegador, clicade aquí

jueves, 9 de noviembre de 2017

Un biscoito de castaña

Esta semana como festexaremos o magosto , qué mellor que elaborar un rico biscoito de castaña.
Mans a obra!


Así quedaron os biscoitos:



domingo, 5 de noviembre de 2017

Chega un novo recanto a aula

O outono xa chegou e con el moitas froitas, moitas follas secas e moitos elementos que atopamos no noso entorno que nos poden servir para traballar con eles.


E mentras tanto outros...

miércoles, 1 de noviembre de 2017

O noso primeiro Samaín

Estas últimas semanas foron moi emocionantes para os máis cativos e gozaron do Samaín ao máximo. Seguro que vendo este pequeno video o entendedes.

viernes, 27 de octubre de 2017

Galletas polo Samaín

Onte fixemos un novo obradoiro de cociña. Pasámolo xenial e estas galletas estaban boísimas!!

martes, 24 de octubre de 2017

Lendo o Sol

A verdade que hoxe facía un sol tan bonito que, para conmemorar o Día internacional das Bibliotecas escolares, decidimos saír ler ao sol cos nosos afillados (e padriños).

Os nosos padriños lectores elixiron as lecturas con moito cariño (lecturas de outono, de Samaín, de medo...) e preparáronas con moitas ganas e ilusión.

domingo, 22 de octubre de 2017

Non máis lume!

Para todos nós o gran incendio que asolou a parroquia de Vincios foi un feito que marcounos e este foi a nosa maneira de expresalo

jueves, 19 de octubre de 2017

Obradoiro científico

Hoxe realizamos o noso primeiro obradoiro científico, aos pequenos encántalle xogar ca plastilina e qué mellor , que facer a nosa ca cor que elixamos.
A experiencia foi moi divertida e todos estaban moi orgullosos co resultado

Facendo pegadas

Sempre estamos pintando cas mans, pero... qué sensación teremos se empregamos os pés?
Algúns dos rapaces foron reacios a probalo pero outros pasárono xenial
(clicade na imaxe para vela en grande)

E logo de pintar e pintar, cas nosas pegadas fixemos unha árbore