domingo, 3 de diciembre de 2017

Comezamos co Proxecto." Os ovos de Dinosaurio"

Fai unhas semanas comezamos co novo proxecto, os peques están ilusionadísimos, pouco a pouco foron traendo cousas moi interesantes para compartir cos compañeiros e a nosa cova de dinosaurios está sempre moi chea, encántalle xogar nela.
Hai unha semana Nico trouxo un ovos moi peculiares que atopou no xardín da súa casa, contounos cousiñas sobre eles e a partir de ahí xurdiron dúas experiencias : un experimento para facer ovos de dinosaurios e unha receita de cociña. Para eles foi todo un reto pero a emoción nas súas caras foi o mellor.


0 comentarios:

Publicar un comentario